Os Centros de Tecnificación pechan o ciclo 2014 – 2015

Unha semana despois de celebrar alí a Fase Final Minibasket e Preminibasket, con notable organización e colaboración do Concello e de EDM Baloncesto A Estrada, A Área Deportiva FGB regresa a esta vila pontevedresa para celebrar este domingo, 7 de xuño; unha nova convocatoria do Programa de Tecnificación.

Galería de Imaxes – Programa de Tecnificación 2014 – 2015

Nesta ocasión, e estendendo o carácter de actuación e seguimento ao ámbito autonómico, a FGB reunirá en A Estrada a 18 xogadores e 18 xogadoras nados nos ano 2000, no caso masculino, e en 2000 e 2001 en feminino.

Os 36 convocados exercitaranse en horario de mañá e tarde no Pavillón Municipal Coto Ferreiro, e farano baixo as ordes dun cadro técnico colaborador da Área Deportiva FGB:

CETI masculino
Arturo Ferraces (Xiria Carballo)
Valentín Pérez (Salesianos Ourense)
Jorge Varela (Básquet Coruña)

CETI feminino
Miguel Maseda (Universitario Ferrol)
Víctor Fernández (Peleteiro)
Jesús Garrido (Carmelitas Ourense)

Os listados de referencia dos xogadores e xogadoras convocados para este terceiro CETI AUTONÓMICO da temporada pode consultarse nos documentos que se achegan.

CETI Autonómico Masculino: 07/06/15
CETI Autonómico Feminino: 07/06/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram