Os campións infantís e benxamíns lucenses, protagonistas da fin de semana

A Delegación en Lugo da FGB ven de vivir unha fin de semana de celebración na que os equipos campións e subcampións das fases lucenses en categorías infantil masculina (2º división) e benxamín pecharon competición e recibiron os seus merecidos trofeos.
Recoñecendo o seu esforzo para chegar ata este punto, a zonal da FGB quixo galardoar o traballo en pista dos diferentes finalistas e procedeu a entrega das súas respectivas Copas.

No apartado infantil masculino o equipo recoñecido como campión do grupo G da 2º división, o correspondente á zona de Lugo, foi Cidade de Lugo, seguido directamente na clasificación por Hierros Ferreiro A.X.S.C como subcampión.

Ambos bloques recibiron os seus trofeos no descanso do encontro Ensino – Universitario de Ferrol de Liga Feminina 2 celebrado este venres. Presentes nesta entrega, e apoiando unha vez máis ao baloncesto, estiveron o Subdelegado de Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o Xefe de Servizo da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas; e a Concelleira lucense de Benestar, Asuntos Sociais e Xuventude, Carmen Basadre. Xunto a eles, participando tamén neste acto, permaneceu a Delegada FGB en Lugo, Patricia Rico.

0949187001334606890-jose-manuel-rozas-e-patricia-rico-galardoaron-co-trofeo-a-hierros-ferreiroa-a-s-x-c

José Manuel Rozas e Patricia Rico galardoaron co trofeo a Hierros Ferreiro A.S.X.C.

Premio tamén para os máis novos
Pola súa banda, a localidade de Vilalba acolleu este domingo a final lucense de categoría benxamín, reunindo aos xogadores máis novos para desfrutar do Baloncesto co título de campión en xogo. En liza, Rosalía de Castro e Burela, resultando finalmente vencedor o primeiro. Súas foron as imaxes máis ledas da xornada, recollendo entre todos os seus xogadores o seu merecido premio.

0625275001334599240-os-xogadores-de-rosalia-de-castro-vencedores-en-categoria-benxamin

Os xogadores de Rosalía de Castro, vencedores en categoría benxamín

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram