Os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, en imaxes

A Federación Galega de Baloncesto achega a través desta Galería de Imaxes unha visión máis do que resultaron os Campionatos de España Infantil e Minibasket nos que os nosos e as nosas xogadoras non deixaron, nin por un minuto, de disfrutar da experiencia.
A través destas imaxes, a FGB quere recoñecer e agradecer o seu traballo, así como o dos seus adestradores. O EQUIPO formado por todos eles, arroupado á perfección por familiares e afeccionados, fixo desta cita co Basket do Futuro un recordo inesquecible

Contando co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e de “la Caixa”, os galegos e as galegas amosaron a súa mellor actitude sobre a pista. Dende os máis novos, destacando o título de preferente para as minis femininas e o partido final dos nosos minis masculinos; ata os infantís nos seus difíciles grupos especiais, cun quinto posto en feminino e un noveno posto en masculino.

A todos, grazas!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram