Os Campionatos Infantís de Clubs de Betanzos e Marín retransmitiranse integramente en CanalFEB

Comezan os Campionatos de España de clubs e, nesta ocasión, poderanse ver integramente en CanalFEB, o servizo de ‘ streaming’ da Federación Española de Baloncesto. Máis de 125 partidos en directo en sete días de competición.

(ÁREA DE COMUNICACIÓN FEB) Betanzos e Marín son as sedes do Campionato de España Infantil Masculino e Feminino que comezan este sábado 12 de xuño, e esténdense ata o venres 18. Sete días con 126 partidos de baloncesto cos mellores xogadores de 13 e 14 anos do país. Dous torneos que se poderán seguir por CanalFEB de forma íntegra e en directo.

A primeira fase está formada por 32 equipos, ordenados en oito grupos de catro. Tres días de Liga Regular con 16 partidos diarios que outorgarán as 16 prazas de oitavos de final. A partir de aí eliminatorias directas para chegar ata a gran final de venres.

O sábado poderanse ver xa encontros desde primeira hora de gran nivel como o B. Torrelodones vs F. Valencia Basket (10:00 h Pavillón Sequelo) en categoría feminina ou o Luther King vs Joventut Badalona (10:00 h Polideportivo Pontedeume) en masculina.

LIGAZÓNS
Polideportivo de Betanzos (FEBInfantilM) | Ver en directo
Pol. Mun. Abegondo (FEBInfantilM) | Ver en directo
Pavillón Miño (FEBInfantilM) | Ver en directo
Polideportivo Pontedeume (FEBInfantilM) | Ver en directo
Polideportivo A Raña (FEBInfantilF) | Ver en directo
Polideportivo San Narciso (FEBInfantilF)| Ver en directo
Pavillón Sequelo (FEBInfantilF) | Ver en directo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram