A Federación Galega de Baloncesto comunica, a través da súa circular oficia nº 16 da vixente temporada, o número de prazas que lle corresponden para a participación dos seus equipos nas Fases Finais dos Campionatos de España de Clubs Júnior, Infantil e Cadete.
A distribución definitiva para Galicia, en función do cumprimento da normativa FEB e debido ao cambio no sistema de Fases Finais nestes Campionatos, establece un total de 11 prazas. O reparto queda como a continuación se refire.
Júnior Masculino: 1
Júnior Feminino: 2
Cadete Masculino: 3
Cadete Feminino: 1
Infantil Feminino: 2
Infantil Masculino: 2
Marín e Vilagarcía, sede para o Cadete Masculino
A vinculación de Galicia cos Campionatos de España non remata aquí. A súa será unha presenza con peso, grazas a organización en Marín e Vilagarcía da XIV edición do Campionato de España de Clubs Cadete Masculino (do 27 de maio ao 2 de xuño de 2012). A vila de Marín será o escenario principal da competición, contando co apoio de Vilagarcía como subsede para a primeira fase.
Actualmente, a comisión organizativa creada co gallo desta importante cita, en colaboración coa Concellaría de Deportes, Turismo e Cultura de Marín e as propias FEB e FGB, traballa para axustar os derradeiros detalles que permitirán dar saída, o 27 de maio, ao mellor dos Campionatos que a ocasión merece.