Oito Galegos no Curso Superior de Adestradores 2012

Últimas horas para que arrinque a fase presencial do XXXVI Curso Superior de Adestradores. Co seu inicio programado para este sábado, 14 de xullo, esta potente etapa do CES2012 contará coa asistencia en Zaragoza dun centenar de adestradores, entre os que figuran oito representantes da nosa Comunidade Autónoma.

Unha edición máis, e tras ter vivido xa un proceso previo de preparación a distancia e con gran protagonismo das novas tecnoloxías, os alumnos reuniranse en Zaragoza para completar a súa formación. Serán quince días de intenso e esixente traballo, pero tamén datas nas que compartir aprendizaxe e paixón polo baloncesto, tanto con compañeiros como con profesores, un bloque, o destes últimos, conformado por adestradores de elite, auténticos referentes do Baloncesto Español.

E preparados xa para vivir esta inesquecible experiencia permanecen os oito adestradores e adestradoras galegas inscritos: Álvaro Abuín Mallo, Edda Georgina Beltrán Ortiz, Fernando Buendía García, Alberto Gómez Vázquez, Jose Manuel González Conde, Lucía González Rodríguez, Raquel Salado Vilachá e Adrián Sueiras Prado.

Todos eles tomarán parte dunha estrutura de aulas e de traballo que busca afondar na preparación dunha nova xeración de adestradores aos que transmitirlle a importancia da preparación técnica e as ciencias asociadas ao Baloncesto, sen esquecer o compoñente da paixón por este deporte.

Club do Adestrador FEB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram