Oferta formativa para a Iniciación de Adestradores en Santiago e Lugo

As Delegacións Zonais FGB en Santiago e Lugo abren nova convocatoria para novos Cursos de Iniciación de Adestradores.

Programadas, en ambos os casos, para os días 1, 2, 3 e 4 de marzo, estas iniciativas formativas configuran unha boa oportunidade para todos aqueles interesados en completar a súa bagaxe baloncestística dende a perspectiva do adestrador.

Delegación en SANTIAGO
A Delegación en Santiago acometerá os indicados días 1, 2, 3 e 4 de marzo a Convocatoria do seu primeiro Curso de Adestradores da temporada, elixindo as instalacións do Colexio Manuel Peleteiro como sede para a súa obrigatoria parte presencial.

O horario marcado para as aulas comprenderá a franxa de 09:00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 19:00 h, tempo durante o cal un completo e notable cadro de profesores levará o peso didáctico da actividade.

Delegación en LUGO 
A zonal lucense, pola súa banda, estipula as mesmas datas (1, 2, 3 e 4 de marzo) para a posta en marcha da fase presencial do seu Curso, celebrando a mesma nas dependencias do Pazo dos Deportes da propia cidade da muralla.

No seu causo, a carga lectiva repartirase no seguinte horario: de 09:00 h a 14:00 h e de 16:00h a 20.30 h.

Normativa oficial e Requisitos de participación
A normativa que determina a programación de ambos os cursos recóllese no documento de Convocatoria Oficial editado para esta temporada 2013 – 2014, salientando, de xeito básico e primordial, dúas pautas indispensables que os interesados deben ter en conta previamente á inscrición:

– Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso.
– Abonar a cota de preinscrición (200 euros), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Inscrición: 25 de febreiro, data límite
A Área de Adestradores FGB atenderá as solicitudes de inscrición para estas dúas convocatorias ata o vindeiro 25 de febreiro, data na que pechará a posibilidade de inscrición.

Os trámites a levar a cabo para cumprir este proceso deberán realizarse a través das Delegacións implicadas, ás que facer chegar, vía email, o formulario oficial de inscrición. Para máis información, permanecen abertos para o envío de consultas os enderezos de contacto de ambas as zonais FGB:
delegacionsantiago@fegaba.com
delegacionlugo@fegaba.com

Convocatoria: Iniciación 2013 – 2014
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram