Obradoiro CAB e a súa afección homenaxean á Selección Galega Cadete Feminina

A Selección Galega Cadete Feminina recibiu na mañá deste domingo, 2 de febreiro; un merecido premio en correspondencia á medalla de Bronce acadada no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas desta categoría.

Galería de Imaxes: A Selección Galega Cadete Feminina, en Sar

Da man de Obradoiro CAB, e da propia FGB, as xogadoras e integrantes do corpo técnico desta Selección tiveron a oportunidade de desfrutar, nos prolegómenos do encontro Río Natura Monbus –Iberostar Tenerife, do recoñecemento da calurosa afección do equipo santiagués, a cal lles brindou un sonoro aplauso.

A nosa Selección recibiu tamén a felicitación, en persoa, do presidente de Obradoiro CAB, Raúl López; e do Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, Alberte Zato. Ambos, acompañados por membros do Consello de Administración do club santiagués, así como por María Trillo, representante de “la Caixa”, entidade patrocinadora da FGB; entregaron ás xogadoras e adestradoras un pequeno agasallo como recordo desta data tan especial.

A Federación Galega de Baloncesto, leda polo apoio amosado polo público do Multiusos Fontes do Sar á Selección Galega Cadete Feminina, quere salientar o positivo desta iniciativa, e por suposto, traslada o seu agradecemento ao Consello de Administración de Obradoiro CAB, xogadores, corpo técnico e, sen lugar a dúbidas, á súa afección.

esta esta2

Alberte Zato, Vicepresidente FGB; e Raúl López, Presidente do Obradoiro CAB; durante a entrega de detalles ás xogadoras

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram