O XII Día Autonómico do Minibasquet abre a súa inscrición

(info: El Correo Gallego) O Día Autonómico do Minibásquet, organizado polo Grupo Correo Galego e coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto; regresa fiel á súa cita co deporte de base coa súa duodécima edición, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño no Multiusos Fontes do Sar, escenario xa habitual desta cita nos últimos anos.

A inscrición para os clubs de toda Galicia que desexen participar está xa aberta. Como sempre, o Día Autonómico do Minibasket está dirixido a nenos das categorías preminibasket e minibasket: nados entre os anos 2003 e 2007, cun máximo de doce xogadores por equipo. O prazo para anotarse manterase dispoñible ata o vindeiro xoves 14 de maio, esta data incluída.

O formulario de inscrición poden obterse de diferentes xeitos: descargándoo na web www.elcorreogallego.es, solicitándoo a través da dirección de correo electrónico minibasquet@elcorreogallego.es ou no documento que se achega xunto a esta nova. En todos os casos será necesario cumprimentalo con todos os datos e envialo a esta última dirección de e-mail.

Unha vez recibida a solicitude confirmaráselle a preinscrición ao equipo. Así mesmo é obligatorio facer o ingreso da cota de participación (60 euros) na conta nº ES 17 2100 4876 0722 0012 3528, indicando o nome completo do equipo e enviar o resgardo de pagamento para facer efectiva a inscrición.

Pola capacidade propia das instalacións, o número de participantes será limitado e a inscrición realizarase por estrita orde de chegada.

 

XII Día Autonómico do Minibasquet : Preinscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram