O Grupo Correo Gallego renova un ano máis a súa aposta polo “Día Autonómico do Minibásquet”, iniciativa que celebrará o vindeiro 31 de maio a súa XI edición e que, de novo, converterá a Compostela, no referente galego do Minibasket e Preminibasket de carácter lúdico.
Esta onceava convocatoria do “Día Autonómico do Minibasquet” abriu boca esta mesma mañá a través da súa presentación oficial, acto no que estiveron presentes o subdirector do Grupo Correo Gallego, Víctor Tobío; o Concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela; a subdirectora xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, Laura Escudero; e, representando á FGB, a súa secretaria xeral, Susana Fernández.
Entre todos deron a mellor das benvidas a esta aposta polo deporte, a cal celebraron que siguese tan viva once anos despois. Agradecendo o compromiso e apoio de todos os axentes implicados, desexaron que os 1400 participantes sexan os auténticos protagonistas dunha festa do baloncesto e dos valores educativos.
O XI Día, ao detalle
O Día autonómico do Minibasket é xa unha cita obrigada no calendario dos equipos galegos. Neste intres de crise a colaboración dos participantes é esencial para que un ano máis este torneo poida celebrarse.
O número de participantes é dun total de 98 equipos, que disputarán 104 encontros, nas categorías de Minibasket e Preminibasket. Farano desde as 09:30 h atas as 19:30 h, en nove pistas simultaneamente establecidas para a ocasión no Multiusos Fontes do Sar.
O Torneo terá a mesma dinámica que en anos anteriores, dispoñendo de espazos para o esparcemento dos nenos que non estean xogando nas pistas centrais, que estarán supervisados por monitores.
A organización conta coa colaboración do Concello de Santiago, que se encarga do desprazamento dos equipos á capital galega, da Federación Galega de Baloncesto, con 30 árbitros de toda a Comunidade Autónoma, e de 60 colaboradores que velarán para que os 1400 participantes, chegados de distintos puntos da xeografía galega, gocen dun día de Baloncesto.
Haberá equipos procedentes de municipios tan dispares como: Xinzo de Limia, Caraballo, Salceda de Caselas, Ferrol, Lugo, Ourense e O Barco de Valdeorras, entre outros. Todos eles desprazaranse en autobuses. Os restantes equipos pertencen a Santiago e Comarca.
Tamén conta cos habituais patrocinadores desta cita: Coca Cola, Blu:sens, Multiusos Fontes do Sar, McDonald ´s e Yáñez, entre outros. Así como da inestimable axuda de: Grupo Scout Chan, 061, Cruz Vermella e Protección Civil.