O vigués Adrián Álvarez, o árbitro máis novo de España, protagonista no Club do Árbitro FEB

(Miguel Panadés / Área de Comunicación FEB) .- Chamáse Adrián Álvarez e xa o teñen bautizado como o “Mozart da arbitraxe”. Ten 12 anos e arbitra encontros, dende benxamín ata júnior, no ámbito da Delegación en Vigo da FGB. É o árbitro máis novo de España.

Pasaba un día pola federación viguesa cando viu un anuncio de que se necesitaban árbitros. No seu primeiro ano como xogador alevín de baloncesto chamoulle a atención poder facer a probas e para sorpresa de todos, non só as pasou, senón que o fixo amosando unhas capacidades impropias da súa idade. Adrián Álvarez empezou a arbitrar a pequenos pero como o facía suficientemente ben lle foron designando para arbitrar máis maiores ata facelo en juniors.

“Moitas veces estou na mesa xusto antes empezar o partido e achégase algún xogador a preguntar se chegou xa o árbitro. Cando lle digo que o arbitro son eu queda un pouco estrañado pero… da igual, empeza o partido e creo que se esquecen da miña idade”.

Fala con naturalidade, coa simpatía propia da idade e co orgullo de saber que é o árbitro máis precoz do baloncesto español. Pregúntolle se recibe un trato preferente das bancadas pero non. “Que va, protéstanme os pais, quizais non tanto como a outro pero si. Pero iso a min non me importa, estou afeito e non me inflúe no que teño que pitar”.Gústalle o baloncesto e fíxase en todos e cada un dos detalles cando contempla un partido de baloncesto. Analiza como o fan os “mestres” e cando lle requiro por algún en que fixe especialmente fálame dun: “Si, gústame Hierrezuelo”.

Na Federación Viguesa andan sorprendidos polo seu bo nivel. O seu tío, o adestrador Larry Rodríguez afeccionoulle ao baloncesto e os seus pais teñen “prohibido” ir aos partidos. “Non quero que o pasen mal” afirma con madurez Adrián Álvarez, o máis “prometedor” dos árbitros españois.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram