Volve a Marín o Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket. Tras un 2021 de ausencia por mor das circunstancias sanitarias, esta cita xa tradicional para as nosas preseleccións galegas celebra esta fin de semana, 26 e 27 de febreiro; a súa VIII edición e, faino, de novo, no Concello de Marín, coa colaboración da propia institución e do club local, Marín Peixegalego.
A vila mariñeira acollerá ás preseleccións galegas minibasket e ás chegadas de Euskadi, Castilla León e Asturias. As catro comunidades competirán durante dúas xornadas nos pavillóns de A Raña e San Narciso, repartidas en categorías feminina e masculina, respectivamente.
O acceso de público aos encontros será aberto e sen restricións de capacidade, existindo a posibilidade de seguir tamén en directo os partidos que dispute Galicia a través da Canle Oficial en Yotube da FGB: FEGABATV
Esta VIII edición do Torneo será un importante proba deportiva de cara ao vindeiro Campionato de España de Seleccións Minibasket que terá lugar do 9 ao 13 de abril en San Fernando (Cádiz) e do que pronto coñeceremos o calendario definitivo.
Encontros en Directo
https://www.youtube.com/watch?v=3tJ7xUWiLnE
Convocatorias – Preseleccións Galegas Minibasket – 26 e27/02/22
Calendario – VIII Torneo Minibasket Seleccións Autonómicas