O Taller Específico de Minibasket, en FEGABA TV

O Taller Específico de Minibasket xa está ao alcance de todos. Esta actividade formativa dirixida a adestradores e celebrada o pasado mes de decembro en Vigo, gracias á colaboración de Celta Baloncesto, permanece xa ao completo dispoñible para a súa consulta en aberto na nosa Canle de YouTube.

Os técnicos Roberto Rajó (Celta Baloncesto) e Darío Méndez (Porriño Baloncesto Base) foron os protagonistas dun Taller ao que asistiron un total de 190 adestradores. Poñentes e asistentes afondaron sobre dúas temáticas diferencias, sempre co minibasket como eixo.
– Roberto Rajó: Atacar con Fluidez en Minibasket.
– Darío Méndez: Por onde comezamos?

A desfrutar e aprender de ambas as charlas!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram