O Seis do Nadal celebra o III Torneo de Baloncesto 3×3

Os días 30 e 31 de agosto do 2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal para comezar a tempada 2013/14.

O Torneo 3×3 dividirase en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3×3 paralelos o venres 30 de agosto do 2013 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3×3 de categoría júnior-sénior será o sábado 31 de agosto do 2013 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría publicaranse unha vez pechado o prazo de inscrición o día 27 de agosto do 2013.

Os equipos deben estar formados por 5 xogadores/as como máximo e poderán ser equipos masculinos, femininos e mixtos sempre respectando as idades das categorías do campionato. Na Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal haberá premios para os campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximamente.

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do próximo martes 27 de agosto do 2013 indicando nome e categoría do equipo, nome, apelidos e data de nacemento dos integrantes así como o nome e un teléfono de contacto do responsable do equipo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram