Logo da súa xira europea, o Road Show 2014, o camión co museo interactivo da FEB e FIBA, aparca este venres na Praia Samil de Vigo.
Desde Milán ata Helsinki. O Road Show 2014 viaxou durante os meses de xuño e xullo por media Europa promocionando a Copa do Mundo que se disputará no noso país. Ao seu regreso a España, a primeira parada será en Vigo, nunha semana na que Galicia terá a celebración do Praza 2014 e a disputa do primeiro partido da selección na súa preparación para a gran cita do verán.
O Road Show 2014 estará instalado no cámping da Praia de Samil e contará coa colaboración do ex xogador internacional Fernando Romay. O galego impartirá o clínic Vodafone o venres ás 13:00 h e o clínic Sanitas o domingo ás 12:00 h. Concursos, diversión e consellos saudables para todos os públicos, sempre coa simpatía do gran Fernando Romay.
Durante tres días, o Road Show levará tamén a todos os afeccionados que se acheguen pola Praia Samil concursos, música, partidos de exhibición, sorteos, agasallos, e parte do museo da historia do baloncesto español e mundial que se exhibe no interior do camión.
Desde comparar a túa man ou o teu pé co das grandes estrelas das seleccións participantes na Copa do Mundo, ata tirar un tiro libre virtual, ou contemplar as primeiras canastras utilizadas por James Naismith, ou as primeiras equipacións de baloncesto.