O Programa de Tecnificación Zonal a análise na Comarca do Barbanza

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área Deportiva, convoca a unha xuntanza técnica aos diferentes clubs da zona do Barbanza, adscrita esta á Delegación Zonal Santiaguesa.

Esta reunión, a celebrar este sábado, 7 de febreiro; na localidade de Noia (Edificio municipal para Usos Administrativos. C/ Espíritu Santo, nº 4. Ás 12: 30 h) preséntase como unha primeira toma de contacto cos representantes de cada club para, entre todos, debater sobre posibles accións de cara a implementar o mecanismo e funcionamento do Programa de Tecnificación FGB nesta comarca.

Por parte da parcela deportiva FGB comparecerá o responsable técnico zonal en Compostela, Iago Rodríguez, e será el quen recolla as impresións de todos os participantes sobre o presente traballo de tecnificación FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram