O Programa de Tecnificación visita a Costa de Lugo

A Área deportiva da FGB traslada as súas tarefas de tecnificación, control e seguimento cara a Costa de Lugo. Estendendo así as redes xeográficas do seu programa técnico, activa na localidade de FOZ unha convocatoria para as categorías minibasket e preminibasket. A mesma terá lugar este xoves, 27 de decembro, no Colexio Martinez Otero.

Animando a participar a todos os rapaces e rapazas no marco destas idades, o horario de traballo para cada categoría será o que segue:

Preminibasket Masculino e Feminino (2002 – 2003): 17.30 h

Minibasket Masculino e Feminino (2001): 19.00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram