O Programa de Tecnificación FGB visita Portosín

A Área Técnica FGB, en colaboración cos clubs da zona do Barbanza, activa para este domingo, 12 de abril, unha nova convocatoria do seu Programa de Tecnificación, neste caso na vila de Portosin.

Reafirmando as labores de seguimento e control de xogadores e xogadoras realizadas noutras áreas xeográficas galegas, este CETI estará orientado aos nenos e nenas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 e pertencentes a C.B. Santa Baia, C.B. Ribeira, C.B. Porto do Son, o Grupo, C.B. Negreira, C.B Noia, CAB Asambal e CAB Padrón.

En total, preto de 40 nenos e nenas preminibasket e 50 minibasket disfrutarán conxuntamente baixo a tutela de adestradores chegados de diferentes puntos da Delegación.

O plan a seguir por todos os presentes será o seguinte:

Delegación Santiago (Santiago de Compostela) – 12/04/15 (Convocatoria Aberta)

Categoría: minibasket (2003 e 2004) e preminibasket (2005. 2006 e 2007)

Localidade: Portosín

Sede: Pavillón David Vidal (Lugar de Trapa)

Horario:
Feminino: 10:00 h a 11:30 h
Masculino: 11:30 h a 13:00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram