O Programa de Tecnificación FGB regresa á Zona de A Mariña

– A localidade de Viveiro será sede este domingo, 16 de febreiro, do terceiro Centro de Tecnificación para a División Zonal FGB establecida esta temporada en A Mariña.

Os responsables deportivos designados nesta 2013 – 2014 pola Área Deportiva FGB para a Zona de A Mariña Lucense están a dobrar esforzos para impulsar e establecer, de xeito continuo, as tarefas de control e seguimento sobre os xogadores e xogadoras máis novos.

Tras dúas convocatorias de similares características xa no seu haber na presente temporada, chega este domingo, 16 de febreiro, a terceira cita coa tecnificación para este ámbito xeográfico.

Desta volta, a sede escollida para este propósito é a vila de Viveiro, en cuxo Pavillón Municipal están citados a participar, baixo convocatoria pechada previa, 50 xogadores e xogadoras nados nos anos 2002, 2003, 2004 e 2005.

Baixo o control dos técnicos FGB adscritos a esta zona, os cales contarán, á súa vez, coa colaboración de adestradores novos do propio ámbito local, o traballo desta convocatoria distribuirase como segue:

Delegación en Lugo – Zona A Mariña (Viveiro) – 16/02/14

Categoría
Minibasket (2002 e 2003). Convocatoria Pechada.
Preminibasket (2004 e 2005). Convocatoria Pechada.

Sede
Pavillón Municipal de Viveiro

Horario
Preminibasket Masculino e Feminino: 16:00 h a 17:30 h
Minibasket Masculino e Feminino: 17:30 h a 19:00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram