O Programa de Tecnificación FGB despide o 2013

A Área Deportiva FGB celebra esta última fin de semana de decembro novas convocatorias do seu Programa de Tecnificación.

Reforzando a aposta polo seguimento continuo nas categorías minibasket e preminibasket, a FGB continúa a activar diferentes propostas zonais para este apartado, pechando, neste caso, o ano 2013 con dúas citas en Burela (A Mariña) e Xinzo de Limia (Ourense).

Ambas as localidades serán sede entre o sábado 28 e o domingo 29 das últimas xornadas de tecnificación de 2013 para un programa que retornará o vindeiro ano con máis forza.

As datas concretas e os horarios de traballo para Burela e Xinzo preséntanse do seguinte xeito:

Delegación en Lugo – Zona A Marina (Burela) – 28/12/13

Categoría
Minibasket e Preminibasket (2002, 2003, 2004 e 2005)

Sede
Pavillón Vista Alegre (Burela)

Horario
Minibasket masculino e feminino (2002, 2003): 17:30 h a 19:00 h
Preminibasket masculino e feminino (2004 e 2005): 16:00 h a 17:30 h

Delegación en Ourense (Xinzo) – 29/12/13

Categoría
Minibasket e Preminibasket (2002, 2003, 2004 e 2005).

Sede
Pavillón Municipal Xinzo

Horario
Preminibasket masculino e feminino (2004 e 2005): 16:00 h a 17:15 h.
Minibasket masculino e feminino (2003): 17:15 h a 18:30 h. Convocatoria Pechada.
Minibasket masculino e feminino (2002): 18:30 h a 20.00 h. Convocatoria Pechada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram