O Programa de Tecnificación FGB despide a temporada en Cambados

As categorías MINIBASKET e PREMINIBASKET son as escollidas para pechar, de xeito completamente definitivo, o Programa de Tecnificación 2012 – 2013. Aplicando de novo o ámbito autonómico a esta área de traballo FGB, e unha vez recollida xa toda a información sobre as restantes categorías base, este domingo, 16 de xuño, chega o turno de exercitarse para os xogadores e xogadoras máis novos, os nados e nadas nos anos 2004, 2003 e 2002.

Neste caso, e facendo gala do seu carácter itinerante, o traballo de tecnificación viaxará ata a localidade de Cambados, cuxo Pavillón Municipal do Pombal, servirá de perfecto escenario para acoller a un total de 182 participantes, convocados previamente, e correspondentes ao citado rango de idades (nados en 2004, 2003 e 2002).

Todos eles traballarán divididos en seis grupos diferenciados segundo a idade e a categoría, e cuxa dinámica estará a cargo dun técnico responsable do control e seguimento de cada quenda. Estas, así como o cadro completo de adestradores encargados da súa xestión, quedan establecidos do seguinte xeito:

Categoría Masculina
Masculino 2004: 10:00h a 11:30h. Técnico: Iria Romarís (Xuventude Cambados)
Masculino 2003:11:30h a 13:00h. Técnico: Jose González Couto (C.B. Peixefresco)
Masculino 2002:13:00h a 14:30h. Técnico: Carlos Maceiras (C.B. Blanco Amor)

Categoría Feminina
Femenino 2004:16:00h a 17:30h. Técnico: Maísa López (C.B. Sarria)
Feminino 2003: 17:30h a 19:00h. Técnico: Miguel González (COB)
Feminino 2002: 19:00h a 20:30h. Técnico: Luis Otero (C.B. Pontumio)

logo firma pizza movil

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram