O Programa de Tecnificación FGB reforza a súa carga de traballo coincidindo coa recta final da temporada. Co obxectivo de complementar as tarefas de seguimento dos xogadores e xogadoras máis novos de toda Galicia, este venres, 1 de maio, a Área Deportiva FGB regresa a actualidade cun CETI Autonómico.
Os protagonistas desta nova convocatoria serán un total de 84 xogadores (21 por idade e categoría) citados previamente baixo lista pechada e nados nos anos 2004 e 2005. Distribuídos en catro quendas de adestramentos exercitaranse, en horario de tarde, no Pavillón Miguel Ángel Estévez (Carril).
A avaliación técnica de todos eles, así como a guía do seu facer en pista, estará a cargo de catro adestradores principais: José Miguel González (C.B. Tui), Lucía González (E.D. Blanco Amor), Nerea Arca (FEDESA) e Román Gómez (Maristas Coruña). Cada un deles actuará en calidade de responsable directo dun grupo de traballo.
Os datos concretos da convocatoria son os seguintes:
01/05/15 – Pavillón Miguel Ángel Estévez (Carril)
CETI masculino 2005: 16:00 h a 17:30 h
CETI feminino 2005: 16:00 h a 17:30 h
CETI masculino 2004: 18:00 h a 19:30 h
CETI feminino 2004: 18:00 h a 19:30 h
A distribución completa de xogadores e xogadoras convocados remítese nos documentos que se achegan.