O Programa de Tecnificación FGB chega ao Barbanza

A Área Deportiva da FGB, cumprindo co obxectivo fixado de mutuo acordo con diferentes clubs da zona do Barbanza, traslada o seu Programa de Tecnificación a esta parcela xeográfica, celebrando o primeiro CETI 2013 – 2014 orientado en exclusiva á mesma.

Os responsables técnicos da Delegación en Santiago serán os encargados de levar a cabo esta convocatoria, que convida aos xogadores e xogadores preminis e minis a participar dos adestramentos e traballo técnico establecidos para o vindeiro domingo, 24 de novembro, na localidade de Riveira.

Os asistentes deberán persoarse no Pavillón de A Fieiteira para afrontar o seguinte plan de traballo:

Delegación en Santiago – Zona Barbanza (Riveira)

24/11/13

Categoría
Preminibasket (2004 e 2005)
Minibasket (2002 e 2003)

Sede
Pavillón A Fieiteira (Riveira)

Horario
Preminibasket e Minibasket Masculino: 16.00 h a 17.30 h
Preminibasket e Minibasket Feminino: 18.00 h a 19.30 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram