O Programa de Tecnificación FGB celebra este domingo, 21 de xuño; a derradeira actividade de carácter autonómico da 2014 – 2015. De novo baixo a fórmula de Centro de Tecnificación a Área Deportiva FGB reunirá en Compostela (Colexio Manuel Peleteiro) a 35 xogadores nados no ano 2002. Xunto a eles realizaranse dúas quendas de adestramentos, masculina e feminina; que porán o peche a labor de seguimento técnico e abrirán novas perspectivas para o futuro.
Ambos os grupos de traballo enmarcaranse na dinámica habitual do Proxecto de Tecnificación, sendo guía dos mesmos un cadro de adestradores de perfil colaborador coa FGB.
Cristino Menor (Estudiantes Lugo) liderará o bloque masculino, traballando cóbado con cóbado con Marcos Pereira (Blanco Amor) e Javier Román (Seis do Nadal). No apartado masculino contarase co bo facer de Pablo Abuín (Estudiantes Lugo) e María Álvarez.
O programa horario da convocatoria é seguinte:
21/06/15 – Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela)
CETI 2002 masculino: 10:00 h a 12:00 h
CETI 2002 feminino: 12.00 h a 14:00 h
A relación completa de convocados estipúlanse nos listados que se achegan.