O Programa de Tecnificación achega a promoción a Ponteareas

A Área deportiva da FGB realiza unha nova actividade de promoción enmarcada dentro do seu Programa de Tecnificación 2012 – 2013
A Delegación en Vigo movilizará este domingo, 20 de xaneiro, aos seus responsables deportivos ata o Concello de Ponteareas para compartir con xogadores e xogadoras da zona unha nova concentración, desta volta aberta dende a categoría cadete ata a preminibasket.

 

A convocatoria realizarase no Pavillón Álvaro Pino, entre as 11.00 h e 13.00 h, combinando o traballo das distintas categorías e ofrecendo unha nova ocasión de, a un tempo, aprender e desfrutar co baloncesto. Con este propósito, a zonal viguesa anima e convida a participar a todos os nenos e nenas que o desexen.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram