O Programa Colexios Basket Lover 2015, promovido pola FEB e Endesa, entra na recta final coa elección dos ganadores entre os dez proxectos finalistas a nivel nacional, dos deles de orixe galega: Colegio Plurilingüe Esclavas d.S.C. de Jesús (A Coruña) e Colexio Plurilingüe Santa María (Ourense). VOTA AQUÍ.
A Federación Española de Baloncesto e Endesa uniron unha vez máis os seus camiños para crear este proxecto destinado a “pequenos xenios” de entre 8 e 12 anos apaixonados do baloncesto.
A segunda edición do Programa “Colexios Basket Lover2 chega á súa recta final. Tralo lanzamento do mesmo en xaneiro, 214 colexios de toda España participaron nesta nova entrega, que se consolidou entre os centros educativos do noso país. Se o ano pasado participaron máis de 60.000 alumnos de 194 centros, en 2015 este número subiu por riba dos douscentos colexios. No “Día Mundial da Creatividade e a Innovación, comezan as votacións entre os dez finalistas.
Baixo a idea de atopar un proxecto de innovación aplicado ao baloncesto, todos os colexios participantes escolleron o seu mellor INNOBasket, no que podían concursar equipos de ata cinco estudantes, e este martes 21, Día Internacional da Innovación sairon á luz os dez finalistas que optarán a primeiro premio final.
De entre os 10 proxectos finalistas sairán os vencedores grazas aos votos que consigan ata o 15 de maio na páxina de Facebook da FEB, na que se pode coñecer o debuxo que ilustra a idea e a explicación da mesma. VOTA AQUÍ
O colexio gañador recibirá unha dotación económica de 3.000 euros en material deportivo e a cada alumno do proxecto faráselle entrega dunha tablet. Os dous finalistas recibirán 2.000 e 1.000 euros en material deportivo respectivamente e diferentes obsequios para cada alumno representante do centro. Ademais, os compañeiros de clase dos tres gañadores tamén terán premio cunha visita ao Espazo 2014, a Endesa e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía e un clinic de Baloncesto por unha das lendas FEB, entre outras cousas.
Pero os dez equipos finalistas teñen xa asegurado agasallos para todos os alumnos do equipo. Para saber máis sobre o II Colexios Basket Lover podes acceder a esta web: http://www.colegiosbasketlover.com/
Os 10 colexios Basket Lover 2015 finalistas
Colegio Plurilingüe Esclavas d.S.C. de Jesús – A Coruña
Colexio Plurilingüe Santa María – Ourense
CEIP Los Cortijillos – Los Barrios (Cádiz)
CEIP Torremar – Retamar (Almería)
CEIP Ferrer Guardia – Almería
Ntra. Sra. de los Dolores – Valdepeñas (Ciudad Real)
CEIP Virgen de Olmacedo – Ólvega (Soria)
Escola Paidos – Sant Fruitos de Bages (Barcelona)
Colegio Bernadette – Madrid
CRA Montellano – Garciaz (Cáceres)