O Presidente FGB, novo membro da Comisión de Gobernanza FEB

A Federación Española de Baloncesto vén de comunicar a designación dos membros da súa Comisión de Gobernanza e Integridade, organismo do que pasa a formar parte o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

De conformidade co estipulado no artigo 27 dos seus estatutos, a FEB emitiu o mércores, 30 de maio; circular oficial coa composición desta Comisión, que ademais de contar coa presenza do máximo representante da FGB, estará presidida por Joan Fa, Presidente da Federación Catalá de Baloncesto; e completarase coa participación de Juan José Talens, Presidente da Federación de Illas Baleares; e Carlos Schneider e Javier Rodríguez, ambos como membros independentes.

Esta Comisión de Gobernanza e Integridade mantén, entre outras, como función principal a de velar polo cumprimento das medidas de control interno axeitadas para detectar, previr e evitar a comisión de infraccións penais, civís, mercantís, administrativas e tributarias imputables á FEB, así como definir e adoptar, no seu caso, as medidas oportunas, no caso de que eventualmente se produzan.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram