A Área Deportiva da FGB renova convocatoria do seu formato “Xuntanza”, reunindo en Noia este domingo, 19 de xuño; ás súas sete seleccións de categoría Preminibasket Zonal, masculina e feminina.
Os 14 equipos, acompañados de dous combinados galegos da xeración de 2007, afrontarán na vila de Noia unha xornada completa de avaliación técnica e convivencia, todo baixo un espírito lúdico, alonxado do estritamente competitivo.
A cita terá lugar nos Pavillóns Alonso Rodríguez (Pista 1 e 2) e no Municipal (Pista 3), dispostos para a ocasión grazas a colaboración do propio Concello de Noia e do C. B. Noia. Ambas as sedes acollerán aos 160 xogadores chamados a participar nesta “Xuntanza Preminibasket”, baixo convocatoria pechada, polos responsables deportivos FGB.
Os listados de todos os xogadores e xogadoras que se concentrarán en Noia, así como a referencia dos que serán os seus adestradores para a ocasión, pode consultarse nos documentos que se achegan.
Galicia 2007 – 19/06/16
Arousa – 19/06/16
Coruña – 19/06/16
Ferrol – 19/06/16
Lugo – 19/06/16
Ourense – 19/06/16
Santiago – 19/06/16
Vigo – 19/06/16