O “Praza 3×3 Caixabank” chega a Galicia

A cidade da Coruña será a anfitriona do “Praza 3×3 Caixabank” o vindeiro 3 de setembro.

A Federación Española de Baloncesto en colaboración coa Federación Galega e o Concello de A Coruña levará aoss Xardins de Méndez Núñez o Circuíto “Praza 3×3 Caixabank”.

O ” Paza 3×3 Caixabank” chega aos Xardíns de Méndez Núñez da cidade de A Coruña. Ademáis da competición deportiva, o circuito tamén albergará actividades lúdicas para asegurar a diversión dos participantes, familiares e visitantes, especialmente dos máis pequenos.

O obxectivo desta acción é levar o baloncesto a todos os recunchos de España para fomentar o deporte amateur e os valores que o baloncesto transmite.

A inscrición para participar neste Praza 3×3 Caixabank poderá facerse ata o día 1 de setembro na seguinte LIGAZÓN.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram