O “Obradoiro Específico de Minibasket” chega a Culleredo

A Área Deportiva FGB, CB Culleredo e o Concello desta vila coorganizarán a nova convocatoria do “Obradoiro Específico de Minibasket”, cita que terá lugar o vindeiro domingo, 14 de abril; no Pavillón Municipal do Burgo.

Esta actividade, cuxo formato está específicamente orientado aos adestradores, centrará a súa temática de traballo no Minibasket no marco de dúas charlas diferenciadas protagonizadas por dous técnicos colaboradores xa habituais da área de adestradores FGB:

(10.30 h) Javier Peinó. Seleccionador Galego Infantil Masculino. Adestrador Estudiantes Lugo. 

“Mellora e aplicación de detalles no tacto co Balón”

(12.00 h) Carlos Maceiras. Profesor Escola Adestradores FGB.

“Optimizar o emprego de apoios no Minibasket”.

Inscrición e validación

A posibilidade de inscrición para este Obradoiro permanece xa aberta. É preciso solicitar a mesma vía mail (adestradores@fegaba.com), indicando os datos persoais da persona interesada. O prazo para realizar este trámite remata este vindeiro 12 de abril (ás 14.00 h).

A presenza na totalidade deste “Obradoiro específico de Minibasket” poderá validarse por un total de oito horas de formación complementaria para todos aqueles adestradores e adestradoras que non teñan que acudir ao mesma xa de xeito obrigatorio en virtude da súa condición de alumnos de iniciación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram