O Nadal chega á FEGABA!

A XIV edición do noso certame de debuxo “O Baloncesto e o Nadal” xa ten postal gañadora e, con ela, as festas chegan á Federación Galega de Baloncesto.

Neste 2023, o deseño co que desde a FEGABA felicitaremos o Nadal pertence a Xacobe Porto Sánchez, xogador Preminibasket de Básquet Coruña. A súa proposta, que representa ao Baloncesto Galego repartindo “triplas de ledicia para toda Galicia!” é a primeira clasificada do noso concurso.

Completando o palmarés do certame, facemos público tamén o traballo que recibe o segundo premio. Trátase da postal realizada por Candela Vidal Lorenzo, xogadora infantil do Colexio Mariano – Franciscanas Ana Mogas, de Vigo. Neste caso, Aurora trasládanos a un Nadal no que “Noel Manda na Cancha!”.

 

Dende aquí, enviar os nosos Parabéns tanto a Xacobe como a Candela, que recibirán un lote de premios cortesía da propia FEGABA en colaboración con AMURA.

Recoñecer tamén ao total restante de participantes nesta edición, os cales recibirán tamén un agasallo por animarse a compartir con nós a súa creación.

132 kilos de alimentos e solidariedade
Cumprindo co obxectivo solidario do Certame, e grazas ao compromiso de todos os xogadores e xogadoras que enviaron os seus deseños, a Federación Galega de Baloncesto doará ao Banco de Alimentos Rías Altas un total de 2 kilos por cada postal recibida, configurando así unha achega de 132 kilos.

A entrega dos mesmos materializará o espírito solidario e empático do Baloncesto Galego. E este é un motivo este polo que queremos dar as GRAZAS a todos os participantes, así como aos seus clubs e as súas familias. Sodes parte dunha iniciativa moi especial!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram