O Monbus Obradoiro – Movistar Estudantes da Liga Endesa será o “Partido do Federado”

O Monbus Obradoiro continúa a semana de adestramentos para preparar o partido deste domingo, ás 18:00 horas, na pista do Delteco GBC (Movistar Deportes 2 – Dial 56). Unha semana despois, o Fontes do Sar volverá abrir as súas portas para recibir ao Movistar Estudiantes (sábado 21, ás 19:00 horas), no que será o Partido do Federado, encontro para o que xa están as entradas á venda.

Así, os federados con licencias da Federación Galega de Baloncesto poderán comprar entradas a 9 € en Tribuna 2, ou a 15 € en Tribuna 1, ata un máximo de 4 entradas por persoa.

As entradas poden adquirirse ata o propio día do partido a través da nosa páxina web, introducindo o código FEGABA1718, así como nas oficinas do club de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, ou no despacho de billetes o día de partido.

Así mesmo, durante o descanso, o club realizará unha homenaxe ás Seleccións Autonómicas masculinas e femininas das categorías Cadete, Infantil e Minibasket, que participaron nos diferentes Campionatos de España, tanto xogadores como equipos técnicos.

O prezo xeral das entradas para este partido é de 25€ en Fondos, 35€ en Tribuna 2, 45€ en Tribuna 1 e 49€ en Retráctil. Os prezos en Tarifa Xuvenil (entre 13 e 17 anos) son 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 35€ en Tribuna 1 e 39€ en Retráctil. Na Tarifa Infantil (entre 5 e 12 anos) os prezos son de 15€ en Fondos, 19€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 e 35€ en Retráctiles.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram