O Minibasket volve á actualidade dos Centros de Tecnificación

A Delegación FGB en A Coruña retoma o programa de convocatoria para o Programa de Control, Tecnificación e Seguimento para as categorías Minibasket e Preminibasket.

A zonal coruñesa será a encargada este domingo, 27 de abril; de celebrar unha nova sesión de CETI para xogadores e xogadoras nados nos anos 2002, 2003, 2004 e 2005. Dirixidos por técnicos colaboradores e polos responsables deportivos da FGB nesta zona, os participantes, desta volta, están citados baixo o seguinte programa:

Delegación en A Coruña (A Coruña) – 27/04/14

Categoría: Minibasket e Preminibasket (2002, 2003, 2004 e 2005)

Sede

Pavillón Sagrada Familia

Horario

Preminibasket Masculino e Feminino 2005: 16:00 h a 17:15 h

Preminibasket Masculino e Feminino 2004: 16:00 h a 17:15 h

Minibasket Masculino e Feminino 2003: 17:15 h a 18:30 h

Minibasket Masculino e Feminino 2002: 18:30 h a 20:00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram