O “IV Claustro Docente FGB” dispoñible en FGBRetransmisións

A Área de Adestradores FGB enche FGBRetransmisións de novo contido didáctico. Dende este mesmo martes, a canle en YouTube da FGB permite acceder ás charlas técnicas celebradas no marco do IV Claustro Docente, celebrado en Celanova o pasado decembro de 2015.

De xeito íntegro e como estrea do material colleitado nesta cita formativa, xa está disponible a primeira das catro conferencias que protagonizaron o indicado Claustro e que estivo dirixida por César Iglesias, adestrador superior e técnico en 1º división infantil feminina co Real Club Celta.

A intervención do técnico celeste estendeuse durante unha completa hora na que se afondou e incidiu nos “Xestos técnicos universais na mellora individual”.

En vindeiras datas do presente mes de febreiro e do vindeiro marzo activaranse tamén para a súa consulta as restantes charlas que configuraron esta cuarta edición do Claustro:

PEDRO RIVERO: “Recursos necesarios para un xogador en espazos exteriores”

ANDRES CADAHÍA: “Decisións ofensivas cerca do aro”

CARLOS MACEIRAS: “Asociar o xogo desde a táctica individual”.

Para acceder á charla de César Iglesias xa podes acceder AQUÍ

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram