O IV Certame “O Nadal e o Baloncesto” dá a coñecer os seus premios

Deseño vencedor "IV Certame O Nadal e o Baloncesto"

Deseño vencedor

A Federación Galega de Baloncesto comunica o deseño vencedor do IV Certame de debuxo “O Nadal e o Baloncesto”, obra a través da cal felicitará o Nadal nestas festas que xa se achegan.

Nesta edición, na que a temática requirida vinculábase ás sensacións que evoca a celebración en España do Mundial de Baloncesto 2014, o traballo que se fai co título de gañador pertence á Laura Álvarez González, xogadora infantil do C.B. Blanco Amor 2000.

A creación de Laura será recoñecida cun premio de material deportivo valorado en 100 euros, así como con dous especiais agasallos cortesía de “la Caixa” e Federación Española de Baloncesto.

2º premio

O podio deste IV Certame complétase cun segundo premio que vai a parar ás mans da xogadora infantil do C.B. Viveiro, Ana Basanta. O seu galardón contará tamén co compoñente económico, a través dun vale por valor de 60 euros en material para a práctica do deporte. Este irá acompañado dun exemplar do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”.

postal2

(Segundo Premio. Deseño de Ana Basanta)

A Federación Galega traslada os seus parabéns a ambas as xogadoras premiadas, así como aos restantes participantes no Certame, cuxas propostas poderán ollarse ben pronto nesta mesma páxina web, e polas cales recibirán, cada un deles, un pequeno detalle que deberán recoller nas súas delegacións zonais correspondentes a partir deste venres, 20 de decembro. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram