O “III Memorial Quino Salvo” chegará este sábado, 15 de setembro; a Vigo. Esta cita, homenaxe deportiva á figura inesquecible de Quino Salvo, e que este ano protagonizarán sobre a pista do Pavillón As Travesas de Vigo os equipos Morabanc Andorra e FC PORTO, sub-campión da liga portuguesa; contará con varias actividades adicionais que cubrirán á cidade olívica de espíritu de baloncesto e de lembranzas.
Exposición Fotográfica
Do 4 ao 14 de setembro poderá visitarse na rúa do Príncipe unha exposición fotográfica retrospectiva sobre o baloncesto vigué, contando con máis contido fotográfico e metros de exposición que na exposición realizada na edición de 2017.
Torneo “Minibasket”
12 equipos de nenos e nenas participarán na viguesa Praza do Rei, durante a mañá do sábado 15 no habitual torneo mini do “Memorial Quino Salvo”. En horario de 10.00 h a 14.00 h reuniranse, en categoría feminina: Seis do Nadal, Salesianos Vigo, Porriño baloncesto base, Celta Baloncesto, Marín Peixegalego e Defensores do Morrazo. E, en masculina: Novobasket Vigo, Porriño baloncesto base, Seis do Nadal, Salesianos Vigo, CB Tui e Club Baloncesto PeixefrescoMarín.
Charla – Coloquio
Tamén o sábado, 15 de setembro; entre as 16.00 h e as 18.00 h (Hotel NH Palacio de Vigo) terá lugar una charla-coloquio sobre baloncesto protagonizada polo adestrador do Morabanc Andorra; Ivón Navarro; Moncho López (FC Porto) e Pepe Laso (ex-técnico de Baskonia, CAI Zaragoza, Forum Valladolid e seleccionador nacional sub-23 e júnior). A asistencia a este Clínic poderá validarse, para os alumnos dos cursos de iniciación de adestradores FGB; por un total de cinco horas de formación continua.