O III Claustro Docente FGB chega a FGBRetransmisións

O “III Claustro Docente FGB”, celebrado o pasado 13 de xuño en A Coruña, deixou un poso didáctico ben forte grazas ao seus catro técnicos  relatores: Miguel Ángel Hoyo, Miguel Méndez, Moncho Fernández e Diego Ocampo. Un bloque formativo que, en breve, estará ao completo en disposición audiovisual aberta para todos os adestradores galegos.

A Área de Adestradores FGB, sabedora do valor das catro intervencións que protagonizaron esta cita, empeza a dar conta das mesmas de xeito visual.
Na nosa canle de YouTube, e ao longo de todo o verán, disfrutaremos das indicadas catro charlas íntegras:

Miguel Ángel Hoyo (Horsholm 79´ers. Basketligaen. Dinamarca): “Lecturas de xogo ofensivo ante defensas zonais”.

Moncho Fernández (Rio Natura Monbus Obradoiro. Liga Endesa ACB): “Defensa Match Up: solución defensivas ante desvantaxes”.

Miguel Méndez (Familia Schio. Liga Feminina Italiana): “Equilibrar un ataque a partir dunha interior dominante”.

Diego Ocampo (UCAM Murcia. Liga Endesa ACB): “Mellora do xogo por parellas: detalles, esencia e proceso”.

Hoxe mesmo esta oferta audiovisual inaugúrase coa intervención de Miguel Ángel Hoyo, xa activa para a súa consulta en FGBRetransmisións.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram