A Área de adestradores FGB amplía o contido audiovisual do “III Claustro Docente FGB”, celebrado o pasado 13 de xuño en A Coruña; ofrecendo a través de FGBRetransmisións unha nova sesión téorica das celebradas no marco desta actividade.
Sumándose á intervención do xa novo adestrador de Xuventude Baloncesto, Miguel Ángel Hoyo (charla disponible dende o pasado un de xullo); no día de hoxe actívase para a súa consulta a ofrecida polo máximo responsable técnico de Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández. A “Defensa Match Up: solucións defensivas ante desvantaxes” configura a temática central da charla do compostelán, da cal podes desfrutar xa íntegra AQUÍ
En vindeiras datas a Área de Adestradores FGB completará o contido público do “III Claustro Docente FGB”, engadindo á rede dúas novas aportacións de calidade:
Miguel Méndez: “Equilibrar un ataque a partir dunha interior dominante”.
Diego Ocampo: “Mellora do xogo por parellas: detalles, esencia e proceso”.