FGBRetransmisións, canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube, consuma a súa oferta de contido relativo ao “III Claustro Docente FGB”, actividade orientada a todos os técnicos da nosa Comunidade que celebrou a súa última cita o pasado mes de xuño.
Dúas sesións teóricas protagonizadas por dous dos adestradores galegos máis notorios na actualidade, Miguel Méndez e Diego Ocampo; configuran a nova achega disponible xa para a súa consulta. As propostas activas en FGBRetransmisións configúranse baixo as seguintes premisas temáticas:
Miguel Méndez (Famila Basket Schio, Schio) : “Equilibrar un ataque a partir dunha interior dominante”.
Diego Ocampo (Movistar Studiantes) “Mellora do xogo por parellas: detalles, esencia e proceso”.
Consúltaas directamente AQUÍ.