O Polideportivo do Ventorillo en A Coruña acollerá o vindeiro sábado, 13 de xuño, o “III Claustro Docente FGB”, cita da que xa coñecíamos o seu cadro de relatores, cuarteto de auténtica excepción; e da que tamén podemos confirmar o seu núcleo temático.
Os técnicos galegos Miguel Méndez, Moncho Fernández, Miguel Ángel Hoyo e Diego Ocampo compartirán cos adestradores galegos toda unha xornada de formación, a cal contempla xa o seu programa definitivo, tanto a nivel de horario como de temáticas a poner a debate:
(11:00 h) Miguel Méndez (Familia Schio. Liga Feminina Italiana): “Equilibrar un ataque a partir dunha interior dominante”.
(12:15 h) Moncho Fernández (Rio Natura Monbus Obradoiro. Liga Endesa ACB): “Defensa Match Up: solución defensivas ante desvantaxes”.
(17:00 h) Miguel Ángel Hoyo (Horsholm 79´ers. Basketligaen. Dinamarca): “Lecturas de xogo ofensivo ante defensas zonais”.
(18:45 h) Diego Ocampo (UCAM Murcia. Liga Endesa ACB): “Mellora do xogo por parellas: detalles, esencia e proceso”.
Inscrición aberta
A oportunidade de ser parte activa de este III Claustro Docente FGB continúa aberta para todos os adestradores galegos que o desexen. Baixo inscrición a través de mail, previo pago dunha cota de 10 euros, os técnicos galegos poderán ser testemuñas e partícipes das catro charlas ao completo. A inscrición formularase mediante o envío dun correo electrónico a adestradores@fegaba.com. No mesmo é preciso remitir datos persoais e xustificante de pago.
Validación Horaria
O proceso de validación formativa para os alumnos dos Cursos FGB 2014 contabilizará a asistencia a este III Claustro Docente FGB por un total de 10 HORAS de formación individual complementaria. (Nº Conta Ingreso – Inscrición III Claustro Docente: ES96 2100 1455 14 0200227406).