O II Torneo “Lugo é Basket” toma protagonismo

A APSX Sagrado Corazón, en colaboración coa Diputación Provincial de Lugo; organiza a segunda edición do Torneo Lugo é Basket de Liga LEB Ouro, coa participación do Cafés Candelas Breogán, Leyma Basket Coruña e Quesos Cerrato Palencia, equipos que se disputarán o torneo en sistema de liga a unha volta.

O torneo celebrarase no Pazo dos Deportes de Lugo, os seguintes días e horarios:

Venres, 11 de setembro, ás 21:00 h: Leyma Basquet Coruña – Cafés Candelas Breogán

Sábado 12 de setembro, ás 18:30 h: Quesos Cerrato Palencia – Leyma Basquet Coruña

Domingo 13 de setembro, ás 19:00 h: Cafés Candelas Breogán – Quesos Cerrato Palencia

Será un torneo con todas os servizos dun partido oficial, con árbitros federados, servizo de estatísticas, animación musical e speaker. Ademais como novidade celebrarase un clinic de formación para adestradores o domingo 13, e todos os partidos do torneo poderanse ver en directo por streaming a través das webs dos equipos participantes.

No descanso do partido do venres entregarase un trofeo como MVP histórico da AX Sagrado Corazón a Devin Wright, xogador do Cafés Candelas Breogán, ao finalizar o encontro do domingo levarase a cabo a entrega de trofeos para os tes equipos, máis o trofeo ao MVP do torneo.

Para asistir ao torneo, haberá que adquirir as entradas a 5 euros ou abono para os tres partidos por 10 euros, ben sexa en venda anticipada en Élide ou nas taquillas do Pazo antes dos partidos. Os escolares menores de 12 anos poderán acceder de forma gratuita acompañados dun adulto e os federados chegados de fóra da cidade e pertencentes á provincia de Lugo serán convidados a asistir a un dos encontros.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram