O II Torneo de Seleccións de Minibasket quenta motores

Da man do Concello de Narón, celébrase este sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro; nos pavillóns de A Solaina e A Gándara, con entrada libre e a participación das nosas preseleccións Galegas Minis, os combinados autonómicos de Euskadi e Castela León, e os equipos de Basquet Coruña e Fedesa Rosalía.

O “II Torneo de Seleccións Minibasket” chega este sábado e domingo aos pavillóns polideportivos de A Gándara e A Solaina, en Narón. Os 150 participantes que integran as Predeleccións Minibasket de Galicia, Euskadi e Castela León, e os equipos de Basquet Coruña (categoría feminina) e Fedesa Rosalía (categoría masculina) concentraranse durante a fin de semana nesta vila para ofrecer un bo xogo e afondar na súa preparación de cara ao Campionato de España.

Os oito equipos, cuxos listados de integrantes poden consultarse xa no documento que se achega; tomarán parte do seguinte calendario:

PAVILLÓN A GÁNDARA
CATEGORÍA MINI MASCULINA

14 de febreiro de 2015:

10:00 h: Galicia-Castela León (63 – 52)

12:00 h: Euskadi-Fedesa Rosalía

17:00 h: Galicia-Euskadi

19:00 h: Castela León-Fedesa Rosalía

Domingo 15 de febreiro de 2015:
10:00 h: Euskadi-Castela León

12:00 h: Galicia-Fedesa Rosalía

PAVILLÓN A SOLAINA
CATEGORÍA MINI FEMININA

14 de febreiro de 2015:

10:00 h: Galicia-Euskadi

12:00 h: Castela León-Basquet Coruña

17:00 h: Galicia-Castela León

19:00 h: Euskadi-Basquet Coruña

15 de febreiro de 2015:

10:00 h: Euskadi-Castela León

12:00 h: Galicia-Basquet Coruña

Posta de Longo
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, exerceu esta xoves de anfitrión e deu o pistoletazo de saída ao que será un Torneo e unha fin de semana 100% basket.

Xunto ao rexedor local compartiron este intre de benvida ao “II Torneo de Seleccións de Minibasket” o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o reponsable da Delegación FGB en Ferrolterra, Alberto Cruz; e os concelleiros de Turismo, María Rodríguez Porto, e Promoción Económica, Pablo Villamar.

Entre todos detallaron as características desta cita deportiva para a que o Padroado de Deportes do Concello de Narón achegará 3.000€, e coa que se estimase unha ocupación hoteleira superior ó 80% na fin de semana en Narón.

O Alcalde agradeceu ao presidente da Federación Galega a elección deste municipio para celebrar o Torneo, posto que ademáis do espectáculo deportivo, aporta un beneficio engadido ó sector hosteleiro.

A maiores do Torneo de Minibasket, a Área Deportiva da FGB impartirá en Narón (Colexio Santiago Apóstol) os días 14 e 15, e 21 e 22 de febreiro un novo Curso de Iniciación de Adestradores.

Castilla León: “II Torneo Seleccións Mini”
Basquet Coruña: “II Torneo Seleccións Mini”
FEDESA Rosalía: “II Torneo Seleccións Mini”
Euskadi: “II Torneo Seleccións Mini”
Galicia Feminina: “II Torneo Seleccións Mini”
Galicia Masculina: “II Torneo Seleccións Mini”
“II Torneo Seleccións Mini” – Calendario.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram