O “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB” avanza a bo ritmo

A FGB vive desde este sábado coa maior intensidade e interese posible o seu I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento, no que conta coa participación dun cento de xogadores.

Baixo a dirección de César Iglesias a edición inicial desta actividade rexistrou os seus primeiros intres de adestramentos, xogos e tempo de lecer, no que a diversión na piscina foi a gran protagonista.

Os seleccionadores galegos das categorías base, xunto a José Jesús Vázquez Mougán “Pepito” e Francisco Rodríguez “Cuco”, están a centrar a súa atención nos diferentes grupos nos que permanecen divididos os xogadores e xogadoras, bloques establecidos en función de cada tarefa específica na que afondar.

Todos os participantes están a asentarse na Residencia Aceimar en Vigo, sede para este Campus e cuxas instalacións acollerán tamén ata o sábado, sete de xullo, a visita de diferentes profesionais do noso Baloncesto. A primeira delas, na tarde deste luns: unha mesa redonda coa presenza do adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández; o seu xogador, Mario Cabanas; e o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez .

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram