O galego Guillermo Ríos, designado para a Fase Final de Liga EBA

O Comité Galego de Árbitros contará cun representante na Fase Final da Liga EBA que se disputará, entre o 22 e o 24 de maio, con sede en Andratx (Mallorca).

A área de árbitros da FEB designou para esta cita a un total de seis colexiados entre os que se atopa o ourensán Guillermo Ríos. Xunto a el comparecerán tamén os seus compañeiros: Emilio Guerrero (Andalucía), Fernando Ibáñez (Castilla La Mancha), Álvaro López (País Vasco), Alberto Sánchez (Andalucía) e David Vázquez (Madrid).

Este equipo arbitral contará coa figura de Pedro Ruíz Luján como comisario e dirixirá os encontros protagonizados polo propio anfritrión, CB Andratx e por Agustino Leclerq (León), Ardoi (Pamplona) e Sant Nicolau (Sabadell).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram