O Formato “Xuntanza” estrea temporada en Compostela

A Área Técnica FGB continúa a aposta pola “Xuntanza” como escenario para o seguimento deportivo dos xogadores e xogadoras máis novos, activando este sábado, un de outubro; a primeira convocatoria coa categoría minibasket como obxectivo.

A sede desta concentración será o compostelán Pavillón do Restollal.

As sete Delegacións Zonais FGB (A Coruña, Arousa, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo) reunirán en Compostela este sábado ás súas seleccións feminina e masculina minibasket. Compostas de 10 xogadoras en cada caso, e acompañados de dou combinados autonómicos da xeración 2006, darán vida a unha xornada completa de avaliación deportiva aloxado dun aspecto estritamente competitivo.

A Federación Galega de Baloncesto, co colaboración do Concello de Santiago; activará tes pistas no Pavillón do Restollal para levar a cabo un calendario de partidos que dará comezo ,as 10:00 h e concluirá preto das 20.00 h.

Nos documentos que se achegan poden consultarse os datos de todos os xogadores e xogadoras participantes, así como dos adestradores que comandarán cada Selección.

Galicia 2006 – 01/10/16
Coruña – 01/10/16
Ourense – 01/10/16
Lugo – 01/10/16
Ferrol – 01/10/16
Arousa- 01/10/16
Vigo – 01/10/16
Santiago – 01/10/16
Xuntanza Minibasket – Calendario 01/10/16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram