O Formato de Seleccións Zonais regresa á actualidade deportiva FGB

A través dunha xornada de convivencia e avaliación deportiva a celebrar o vindeiro 7 de decembro en Santiago de Compostela, a Federación Galega de Baloncesto reactiva esta figura, que, desta volta, reunirá a 160 nenos e nenas de categoría minibasket chegados de toda Galicia.

A Área Deportiva FGB promove así a denominada “Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket”, un escenario perfecto para comprobar as evolucións competitivas de xogadores procedentes de distintos puntos do mapa, e para afianzar e estender o seguimento técnico que se ven realizando nas sete delegacións gracias aos Centros de Tecnificación (CETIS)

O Pavillón do Restollal, na capital galega, acollerá así o indicado día sete de decembro a un total de 16 combinados minibasket, oito masculinos e oito femininos, correspondentes ás sete delegacións zonais FGB ( Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa e Ourense) e as divisións locais de A Mariña (masculino) e Arousa Norte (feminino). Todos eles terán a oportunidade de enfrontarse en tres pistas de xogo establecidas para a ocasión.

10 xogadores elixidos polos Responsables deportivos zonais FGB conformarán os equipos, guiados estes, á súa vez, por un total de 32 adestradores, procedentes tamén de diferentes clubs da xeografía galega, e que, convidados pola Área Deportiva FGB, vivirán a experiencia de dirixir a unha selección zonal e compartir con ela unha xornada completa de aprendizaxe.

O calendario de encontros amigables que deparará esta “Xuntanza”, así como os datos dos 160 xogadores seleccionados e dos que serán os seus responsables técnicos poden consultarse xa nos documentos que achegamos.

CGAB: presenza arbitral
A perspectiva formativa desta “Xuntanza” estenderase tamén ao campo arbitral, no que se rexistrará a presenza de 12 colexiados Sub 23 que tomarán parte dos amigables e analizarán, a posteriori, o seu papel nos mesmos.

Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket – Calendario
Delegación A Coruña.
Delegación Santiago
Delegación Vigo
Delegación Ferrol
Delegación Ourense
Delegación Lugo
Delegación Arousa
Delegación Lugo – A Mariña
Delegación Lugo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram