O formato “3×3” chega ao Concello de Vigo

A cidade olívica será sede esta fin de semana do Torneo “3X3 Concello de Vigo”, cita promocional do Baloncesto que vén da man do propio Concello local, a Federación Galega de Baloncesto e dous clubs colaboradores: C.B. Redondela e C.B. San José de la Guía.

Coas categorías preminibasket, minibasket e infantil no centro do seu obxectivo, esta iniciativa estenderá a competición amigable 3×3 no magnífico escenario das pistas da Praia de Samil. A actividade deportiva levarase a cabo por partida dobre, tanto este sábado 11 de abril como o domingo 12.

Desde as 10:00 h da primeira xornada disputaranse partidos de 15 minutos de duración, prolongando esta quenda de xogo ata as 13:30 h. Posteiromente, e tras un merecido descansando para comer, renovarase a acción a partir das 16:00 h e ata as 19:30 h.

Xa en domingo, o torneo arrincará de novo madrugando. Ás 10:00 h regresarán os encontros, pechando o Torneo ás 13:30 h coa agardada entrega de obsequios.

Participación
Un total de 93 xogadores pertencentes a diferentes clubs e colexios do Concello de Vigo serán os máximos protagonistas desta festa do “3×3”, da que se agarda que nos permita achegar a práctica do Basket aos nenos e nenas máis novos desta zona.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram