O DT do CGAB, partícipe do II Seminario Europeo da “DIBF”

O Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez Pérez; foi testemuña e protagonista, o pasado vernes, 6 de maio; do traballo da DIBF, Federación Internacional de Baloncesto para sordos.

Baixo o marco da FIBA, nas súas instalación en Ginebra (Suiza), en dúas sesión diferentes, colexiados da propia DIBF, tanto veteranos como aspirantes, compartiron Seminario Arbitral con compañeiros chegados de federacións nacionais de toda Europa e con profesionais que fixeron as veces de relatores e profesores.

A didáctica foi precisamente a tarefa levada a cabo por Miguel Ángel Pérez, que materializou e dirixiu dúas ponencias que versaron sobre a “Presenza na pista do árbitro (imaxe, sinais, lenguaxe corporal, entre outras)” e a “Toma de decisións na arbitraxe.

Todos os presentes, colexiados pertencentes a competicións de primeiro nivel nos seus países de orixe, compartiros co Director Técnico do CGAB unha experiencia positiva e de aprendizaxe para ambas as bandas, resultando unha toma de contacto do máis satisfactoria .

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram