A Supercopa Endesa 2015 contará de novo cun representante da Federación Galega de Baloncesto. Por terceira temporada consecutiva, e sumando así un total de nove participacións, comparecerá nesta cita Miguel Ángel Pérez Pérez, Director Técnico do Comité Galego de Árbitros.
Na presente edición da supercopa, que terá lugar os días 2 e 3 de outubro no Pavillón Martín Carpena de Málaga; o responsable do CGAB comparte designación con seis compañeiros ACB: Fernando Calatrava, Antonio Conde, Juan Carlos García González, Daniel Hierrezuelo, Emilio Pérez Pizarro e Carlos Peruga.
Os sete colexiados formarán parte dunha competición na que buscarán o título Herbalife Gran Canaria, FC Barcelona Lassa, Unicaja e Real Madrid. O espectáculo iníciase este venres, 2 de outubro; coas semifinais. A final queda para o sábado 3, a partir das 19:00 h.
Semifinais
(19.00 h) Herbalife Gran Canaria – FC Barcelona Lassa
(21.30 h) Unicaja – Real Madrid