O Director Técnico do CGAB, na Final Four da Eurochallenge

O Comité Galego de Árbitros terá representación na Final Four da Eurochallenge. O Director Técnico do CGAB, Árbitro ACB e internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez; formará parte do grupo de colexiados que FIBA Europa designou para esta prestixiosa competición, que terá lugar do 27 ao 29 de abril na localidade húngara de Debrecen.

Pérez Pérez compartirá experiencia con outros colexiados internacionais nunha cita na que se verán as caras catro potentes equipos: o local Szolnoki Olaj KK, o ruso Triumph Lyubertsy, o turco do Besiktas Milangaz e, para rematar, o francés Elan Chalan.

Tamén no Europeo U20
As boas noticias para o Director Técnico galego non cesan coa súa Designación para a Eurochallenge. A súa participación en competicións do máis alto nivel estenderase tamén ao mes de xullo, época na que formará parte, dentro da expedición española, do Europeo U20 Masculino, a celebrar en Eslovenia entre o 12 e o 22 do citado mes.

Pérez Pérez será o único árbitro español, dentro dun bloque formado por 22 colexiados chegados de diferentes puntos de Europa e que dirixirán os encontros das seleccións protagonistas: Estonia, Alemania, Francia, Georgia, Grecia, Italia, Letonia, Lituania, Montenegro, Rusia, Serbia, Eslovenia, Suecia, Turquía, Ucraína e a propia España.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram